Clara Campoamor

O sufraxismo enténdese como a loita histórica que exerceron as mulleres arredor do mundo nos séculos XIX e XX polo recoñecemento do seu dereito político e constitucional.
O inicio desta revolución márcase no ano 1848, cando un grupo de mulleres norteamericanas lideradas por Elizabet Cady Stanton e Lucretia Mott redactaron un documento, coñecido como a Declaración de Seneca Falls, no que se enfrentaban en contra das restriccións políticas, como a negación ao voto ou á ocupación de cargos públicos, á mesma vez que ás restriccións económicas, como a imposibilidade de posuír propiedades ou o simple feito de ter unha conta bancaria.
No contexto español, o dereito ao voto feminino atopouse en diferentes condicións ao longo dos últimos anos do século XIX e principios do século XX.
No ano 1874 as mulleres do Estado Español votaron por primeira vez no Cantón de Cartaxena durante o periodo da I República. Non obstante, durante a Ditadura de Primo de Rivera foron varios os intentos de recoñecemento deste dereito, mais aínda que fose aprobado en diversas ocasións, non chegou a ser exercido por elas.
Foi o 9 de decembro de 1931 a data clave para as mulleres españolas en términos de política e recoñecemento. Grazas á Constitución de 1931 da Segunda República conseguiron o sufraxio feminino pasivo, polo que non puideron votar pero si presentarse como candidatas.
Clara Campoamor foi unha das mulleres elixidas xunto a Victoria Kent nas Cortes Constituíntes e presente na lista do Partido Radical Socialista, ao que se adheriu pola concordancia cos seus ideais: o liberalismo, a democracia, e a existencia dun estado laico e republicano.
Clara Campoamor naceu en 1888 na cidade de Madrid, foi filla dunha costureira e dun contable, pero foi a morte do seu pai á idade temperán de dez anos, o que lle supuxo abandonar os seus estudos e comezar a traballar para contribuir á economía familiar, anos despois, fíxoo á mesma vez que estudaba a carreira de Dereito, a cal lle serviu para converterse na primeira abogada en defender un caso ante o Tribunal Supremo. Por outro lado, tras unha viaxe á capital francesa, fundou, xunto a un grupo de avogadas europeas, a Federación internacional de Mulleres Xurídicas en 1929, coas que entablaría unha profunda amistade.
Ao adentrarse no mundo da política, non só loitou polo sufraxio feminino, senón que tamén interviu na loita á non discriminación por razóns de sexo e ao recoñecemento dos fillos nacidos fóra do matrimonio, ademais contemplaba crear a Lei do Divorcio e a abolición da prostitución.
V. Kent consideraba un erro a aprobación directa do voto feminino , pois consideraba que as mulleres españolas se verían influenciadas polo poder da Igrexa e votarían aos partidos da Dereita, desa maneira, buscaba o mesmo obxectivo que Campoamor, pero utilizando otra vía, que consideraba o aprazamento da lei pero non a negación. Clara Campoamor xulgou na Cámara este pensamiento coas palabras ditas orixinalmente polo científico Alexander von Humboldt: "a única maneira de madurarse para o exercicio da liberdade e de facerla accesible a todos é caminar dentro dela"
Nas eleccións celebradas o 1 de outubro de 1931 Clara recolleu 161 votos a favor e 121 en contra, o que supuxo a victoria da abogada. Porén, nas eleccións de 1933 nin ela nin Kent renovaron os seus escanos, mais Alejandro Lerroux ofreceulle o posto de Directora Xeral de Beneficencia e Asistencia Social. Finalmente foi no ano 1934 cando abandonou o Partido Radical ao aliarse coa CEDA e tras presentarse como candidata a varios partidos da esquerda e ser rexeitada, publicou a súa obra Mi pecado mortal. El voto femenino y yo, onde redactou a súa andadura política durante a II República.
Ao estalar a Guerra Civil, Clara viuse obrigada a exiliarse, xa que se quedara en España, sería condenada a 12 anos de cárcere.
Viviu en Suiza pero pronto cruzou o océano e instalouse en Bos Aires, onde exerceu como escritora e traductora durante máis dunha década. Tras o remate da Guerra Civil, tratou de regresar ao seu país natal, mais foi imposible ao coñecer que estaba procesada como presunta autora dun delito de masonería.
Así, instaurouse de novo en Suíza no 1955 onde volveu a exercer de avogada ata o seu facelemento debido a un cancro en abril do 1972.
Clara Campoamor foi unha eminente activista feminista que loitou polos dereitos que o patriarcado impedía sobre as mulleres durante o século XX. A ela debemos agradecerlle moitos dos avances na ideoloxía de moitos españois e españolas. Clara foi unha muller forte e convencida das súas capacidades e que a pesar da súa condición de muller, conseguiu pasar á eternidade como unha das máis importantes políticas da historia de España.
Na súa obra xa mencionada, Mi pecado mortal. El voto femenino y yo, escribiu: "Eu sabía que o tempo xustificaría todas as miñas teses"
Case un século despois de loita feminista, moitas das súas propostas son xa unha realidade, non obstante, a necesidade de progresión en moitos outros ámbitos non mencionados non pode darse por rematada, xa que son moitos os campos nos que as mulleres aínda non son recoñecidas polo seu éxito e tampouco son recoñecidos os seus dereitos.
Irene Martínez Ferro 2ºBAC - D